Historia

Dende logo, o xogo dos bolos puidera ser o máis antigo dos xogos, non obstante é case imposible situarse no punto de partida de orixes da historia dos bolos.
O lanzamento de pedras polo home de Neandertal é unha das hipóteses sobre a orixe do deporte e neste acto natural encóntranse as raíces dos lanzamentos de pesos e discos, que son desviacións perfeccionistas, produtivas e defensivas do lanzamento de “bólas”.

Ademais do adestramento exclusivo para cazar e guerrear, a satisfacción producida nos nosos antepasados polos diferentes lanzamentos con paus, porras, mazas, ou pedras resulta innegable. Considerando dende esta óptica atrévome a dicir que o lanzar unha pedra contra outro obxecto para derrubalo ou lanzalo máis lonxe, puidese ser o nacemento de modalidades bolísticas actuais, tales como o bolo Celta ou outras de Asturias, Cantabria etc., que tantas coincidencias presentan co noso bolo.

Dicir que os exipcios, 3.000 anos antes de Cristo xa practicaban un xogo de bolos, ou afirmar que o practicaban como exercicios saudables, aínda que máis tarde fosen considerados como un xogo de forza, son consideracións, aínda que non exentas de base, pero científicas.

Non parece, non obstante que ata pasada a Idade Media, os bolos sexan actividades libres e innatas á persoa, como a de “correr”, “saltar” e “lanzar”, senón máis ben exercicios propios que carecen de razóns culturais ou tradicionais para a súa exercitación.

Os primeiros datos concretos e nos que a maioría das autores coinciden para reafirmar a importancia dos bolos aparecen no ano 1319. É o momento en que o Rei Felipe V (O Longo) (1316-1322) ten que ditar unha ordenanza -o 23 de maio- en virtude da cal prohibía aos seus soldados practicar o xogo dos bolos, substituíndoos polo tiro con arco. O ardor e a paixón desatada por este xogo representaban unha perda de concentración aos soldados franceses nas súas tarefas habituais. Pola contra en Inglaterra, o descrédito dos bolos chegou á situación de deixar este xogo reducido ao divertimento exclusivo en tabernas e arrabaldes. Posteriormente serían prohibidos baixo pena de morte por Eduardo III (1312-1377), posto que, entre outras cousas, se perdía o hábito de exercitar o tiro con arco.

Abunda por outra parte as anécdotas como a protagonizada polo famoso navegante inglés Francisc Drake (1540-1596) célebre polas súas piratarías en prexuízo dos barcos españois, quen, cando participaba nunha partida de bolos foi requirido para que se fixese cargo da defensa contra a escuadra española que nese momento atacaba, ao que Drake contestou: “cando remate cos bolos, rematarei cos españois”. A importancia deste xogo en Inglaterra esta confirmada posteriormente polo cadro pintado por Jean Esteen no que se representa un xogo de bolos. Os escritos máis antigos referidos ao xogo dos bolos en Francia, datan de 1308. Neste ano unha Ordenanza do presbote de Paris, prohibe aos plebeos xogar en datas laborables, todo iso baixo pena de prisión ou multa, da cal o denunciante se levará a cuarta parte.

Agora ben, para buscar a orixe dos bolos tal e como o coñecemos hoxe, en primeiro lugar deberiamos inspeccionar as diversas teorías formuladas. Tres son as posibles:
A primeira é xermánica e de raíz relixiosa. Segundo esta teoría os “kegels” (modalidade de bolos) xogaban un importante papel nos ritos relixiosos teutóns. Posteriormente perderán o seu carácter relixioso e convértense nun xogo popular xermano.

A segunda teoría, defendida por Aranzadi, atribúe ao xogo unha orixe céltico ou pre céltico.

A terceira sinala a vinculación dos bolos á cultura romana, introducida en Europa e en concreto en España a través das súas conquistas. Enmarca o xogo dos bolos no que se denominou a “cultura mediterránea”.

Cremos, que se houbésemos de situar a orixe do Bolo Celta, nalgunha das tres teorías salientadas, deberiamos inclinarnos a facelo dentro da segunda, pola localización deste.

No século XVI, os bolos xa tiñan a súa relevancia en España, e este era controlado por Reais Ordenes así como prohibido por estas. Así en 1581, unha Real Orde cita os seguinte: “mandou a súa mercede que de aquí en diante non bailen, nin xoguen aos bolos dentro do recinto do cemiterio da Igrexa, so pena de excomuñón e de dous reais de pena cada vez…. “. Outra de 29-06-1581 dita: “que se pregoe que ningunha persoa sexa ousada de xogar aos bolos en ningunha das rúas da Vila, so pena de douscentos marvedis de multa… “.

Desta mesma forma aparecen continuas prohibicións en 1722, en 1747, en 1749 e 1799, en varias localidades españolas.

No século XX, as referencias ao xogo son innumerables e, o que é aínda máis importante, coñecemos os regulamentos, modalidades, formas concretas e lugares que nos permiten estudar por separado cada unha das modalidades existentes.

O BOLO CELTA A SUA HISTORIA E ORIXE

.

Téndese a falar indistintamente de xogos tradicionais, deportes autóctonos e deportes de masas, coma se fosen complementarias dun todo, e aínda que na súa orixe, puidese existir un tronco común, parece claro que no seu desenvolvemento actual ten que ver pouco.

Os xogos tradicionais seguen penetrados do encanto primixenio propio dese tempo que é a infancia, alleos por iso a toda imposición ou mandato. Pola súa banda, nos deportes autóctonos, aparecen normas que establecen certos controis, aínda que estas sexan cambiantes, non só en función das modalidades, senón das terras e lugares onde se poña en práctica; iso implica unha riqueza de variantes e matices inherentes a outras moitas manifestacións da cultura tradicional. Pola contra, nos deportes de masas, propios dunha sociedade dominada polos medios de comunicación, ademais de normas ríxidas “aparece un factor determinante”, como é o público, sen o cal se cambalea a súa razón de ser.

É doado colegir que unha sociedade guiada polos medios de comunicación, tanto os xogos tradicionais coma os deportes autóctonos cedesen progresivamente protagonismo, chegando nalgúns casos a temerse pola súa desaparición, a pesar de todas as ritualidades, comunicación, espontaneidade, participación, creatividade etc., que se encerran fronte aos deportes de masa, que converten o público en espectador.

O bolo Celta, ao igual que as distintas modalidades restantes, ten a súa orixe nos países nórdicos, de onde pouco a pouco foron chegando ao noso país, que é onde á fin ten máis arraigamento, quizais polo noso instinto de xogador e apostante.
Esta modalidade creemos chegou concretamente a través do pobo celta grande afeccionado a este tipo de xogos extendeuse por todo o norte Peninsular, nas súas distintas formas, pero foi desaparecendo co paso do tempo e probablemente por falta de protección e estímulo. Na actualidade queda reducida a súa práctica a algúns núcleos de Galicia, Asturias, Cantabria e Madrid, todos con algunhas variantes.

O bolo Celta é un deporte totalmente autóctono  que se conserva con toda a súa pureza ancestral na zona occidental da nosa rexión, concretamente no Val Miñor e Baixo Miño, onde se xoga na súa totalidade, se ben onde esta concentrado nos Concellos de Baiona, Gondomar, Nigrán e Tomiño principalmente, pero tambien xógase nos concellos de Santa Maria de Oya, ou O Rosal en Pontevedra; no Concello de Boiro de A Coruña, na Mariña Lucense e outros núcleos de población da provincia de Lugo; e no concello de Viana do Bolo en Ourense, pero nestes últimos, con algo menos de intensidade e mesmo algunha variante no xogo. Ademais practícase en Arxentina e Uruguai, grazas á boa disposición, valoración e colaboración das xentes que, procedentes do Val Miñor, acudiron no seu momento a ambos os dous países en calidade de emigrantes, practicándose esta modalidade nos centros Valle Miñor de Bos Aires e Montevideo, xa que unha das primeiras cousas que fixeron ao asentarse neses países sudamericanos foi construír unha cancha de bolos e xogar entre eles.

Referencias verbais sitúan a práctica do bolo celta nas nosas terras, cando menos na segunda metade o século XIX,… “Xa de neno escoitaba eu o meu avó que cando él era xoven”….., é unha das moitas frases repetidas por todos aqueles que, por motivos de idade, se converteron en espectadores da festa bolística. Non obstante, non existen documentos escritos sobre o xogo, aínda que a tradición oral certifica que as normas e as regras de entón tiñan moita similitude coas de agora.
Durante o século XX, en todos os pobos e barrios, tanto do Val Miñor coma dos arredores existiron boleiras, e o transcurso do tempo tamén modificou algunhas das normas que rexen o xogo. Por exemplo, sabemos que non sempre houbo unha distancia precisa de tiro.

A superficie sobre a que se practica debe ser o máis regular posible e terá forma rectangular ou de cono truncado, perfectamente delimitada, para que non haxa lugar a dúbidas nalgunhas xogadas e así evitar que un birlo ou bóla, poida saír do recinto de xogo con perigo para persoas ou cousas.

Antigamente as boleiras estaban situadas, normalmente, nas prazas dos pobos, diante das igrexas, por ser os lugares máis coidados e céntricos, xa que era onde se organizaban romerias, festas etc., hoxe están situadas en terreos destinados para o efecto e abondo afastadas dos núcleos urbanos, para evitar calquera tipo de perigo, ademais da cuestión espazo.

As competicións consistían en xogarse, cordeiros, galos, xarras de viño etc., sendo estas últimas, das que percibían máis os mirons que os propios xogadores, púes estes absorbíanse totalmente no xogo.

Así as competicións eran libres, sen bases nin regulamento ningún, poñéndose de acordo nas normas a seguir todos os xogadores antes da competición.
A partir do ano 1990, todos os clubs e xogadores están debidamente inscritos e rexistrados na Federación Galega de Birlos e na Secretaria Xeral para o deporte da Xunta de Galicia,  e todas as competicións se rexen por un regulamento de Bolos Celta aprobado no ano 1990, con pequenas modificacións posteriores, por todos os clubs.

É preciso, ademais de xogar, afrontar accións sociais que permitan a consecuencia de amplos obxectivos, tanto dende o punto de vista deportivo como dende o cultural. Debemos reforzar a práctica diaria do xogo con apoio e interese, sen dúbida o futuro do birlo celta, está nas nosas mans, na nosa acción diaria.

JOSE RODRIGUEZ

Vice-presidente

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s