CLUB BOWLING CELTA

Publicado: 8 octubre, 2021 en Sin categoría

Francisco Rodríguez, campión de España Individual

O pasado fin de semana, nas instalacións de Bowling Ozone en Alcorcón, o xogador do Club Bowling Celta proclamouse campión España despois de situarse no primeiro posto da clasificación desde a primeira serie, chegando a ter 100 bolos de vantaxe ao rematar a primeira rolda -algo absolutamente inusual nunha competición de primeira categoría de bowling-, Óscar Serrano e Antonio Piccari dos clubs Bolotomizados de Valencia e Bat de Madrid foron segundo e terceiro, respectivamente.

Na segunda categoría, Alberto Domínguez acadou a 4 posición.

O próximo fin de semana, tres xogadores do Celta desprazaranse a Sintra en Portugal para competir no Open Internacional de Sintra.

Los comentarios están cerrados.