Imagen
—
Publicado: 4 noviembre, 2020 en Sin categoría
Jesús Briceño do Club Bowling Celta, subcampión do Open Lisboa 2020: Despois de máis de seis meses sen competición oficial en España, o pasado fin de semana en Lisboa tres xogadores do Club vigués participaron no Open de Lisboa na cidade lusa, conseguindo a segunda e tercería posición os irmáns Jesús e Luis Briceño. Por díante deles, o campión foi o británico Gerry con 1520 bolos.
Despois da 2 Concentración da Liga Nacional de Bowling División de Honor, o Club Bowling Celta mantén o liderato nesta categoría. O torneo, desputado o pasado fin de semana en Paterna (Valencia) finalizou co Celta 107 puntos e o Boliches 105 o que se traducirá nunca fase final moi interesante. No apartado de récords, as máximas series de equipo e de dúas partidas foron do Celta, asimesmo, Áxel Guimó e Francisco Rodríguez situáronse na segunda e terceira posición da clasificación individual.
O pasado fin de semana, nas instalacións da bolera Ozone de Zaragoza, o Club Bowling Celta situouse na cuarta posición da táboa clasificatoria da Liga Nacional de Bowling de 2 División . Malia ser o Club que máis bolos derrubou, os vigueses non conseguiron escalar postos , pero si recortaron puntos ao segundo e terceiro clasificado. No apartado de récord individuais, Manuel López conseguir a mellar serie de dúos partidas con 488 puntos. O Club agarda poder situarse entre os dous primeros clasificados para ascender á primeira División
Rubén Orche Rodríguez, do Club Bowling Celta, subcampión de España no Máster Nacional de Bowling. O torneo ,desputado os días 22 e 23 de febreiro nas instalación de Bowling Chamartín, contou, ademáis, con participación de outros tres xogadores do Celta. Con este resultado, Rubén formará parte da Selección Española de Bowling que representará a España no europeo de Helsinki.
O pasado fin de semana, en Logroño, o Club Bowling Celta proclamouse campión da primeira concentración da Liga Nacional de Bowling de División de Honor, converténdose así no primero líder da XXXIV edición desta competición. O equipo. – cunha alineación sen ningunha incorporación nesta tempada- conseguiu 57 puntos, tres máis que o seu eterno rival.
O Club Bowling Celta B estreouse, o pasado fin de semana en Alcorcón, na Liga Nacional de Bowling de 2 División, acadando a cuarta praza na táboa clasificatoria. Despois dos dous primeiros enfrontamentos, nos que acusou a falta de experiencia dalgúns xogadores, chegaron os bos resultados e a remontada na clasificación.
Seis anos despois, por terceira vez na súa historia, o Club Bowling Celta volver a conseguir o triunfó na Copa de S.M. el Rey. O equipo titular con Francisco Rodríguez, Rubén Orche e os irmáns Briceño conseguiu 994 puntos , 76 máis que o seu gran rival na elite do Bowling español. Ademais, os atletas do Celta conseguiron o primeiro posto na modalidade individual e sendos segundos postos na modalidade de parellas e equipos. Na última proba do torneo, o Máster final, 4 dos 8 xogadores eran do Club Celta o que da idea do nivel do Club A nivel estatal.
CAMP. PRESELECCION DA SELECCION ESPAÑOLA E TORNEO PRESELECCION TOUR DE BOWLING
Publicado: 4 diciembre, 2019 en Sin categoríaBrillante actuación dos participantes do Club Bowling Celta nos dous torneos da FEB desputados o pasado fin de semana.
En Madrid, Francisco Rodríguez e Rubén Orche subieron ao podium como campión e terceiro clasificado, respectivamente, no Cto de Preselección da Selección Española.
Xogadores da Seleccion Española
Asemade, en A Coruña, no torneo Preselección Tour FEB por categorías, José Gude proclamouse campión na 2 categoría, e Alberto Domínguez foi o terceiro clasificado da categoría de bronce.
Campión na 2º Catg. e o terceiro clasificado na Catg. Bronce